Mostrando entradas con la etiqueta SOCIOLINGÜÍSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOCIOLINGÜÍSTICA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de diciembre de 2018

MARCHANDO UNHA DE SOCIOLINGÜÍSTICA!!!


O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Cando na clase abordamos o estudo da lingua galega a comezos do século pasado, chamoume a atención que moitos dos conceptos que cumpría dominar xa os coñeciades.
É importante que estudedes fixándovos en que aspectos son novidosos e cales non, para así fixar a vosa atención e esforzos naqueles puntos que aínda vos faltan por adquirir. 

E SEGUIMOS POLAS VARIEDADES DIALECTAIS


AS VARIEDADES DIATÓPICAS OU XEOGRÁFICAS

Para abordar o estudo das variedades dialectais, empregamos a técnica cooperativa de lapis ao medio. Velaquí a presentación que vos pode axudar a preparar a próxima proba escrita.
En todo caso, lembrade que é fundamental que vos fixedes, se no texto -ou na oración- que debedes localizar, nun dos tres bloques lingüísticos que existen na xeografía da lingua galega, hai un substantivo que en singular remate en -n... é a pista fundamental para poder situalo correctamente.