Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de diciembre de 2018

ENCOMEZA A RENOVACIÓN DA NARRATIVA


A NARRATIVA DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Nesta presentación imos abordar varios autores: os do Grupo Nós (Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo), Castelao (non vinculado ao grupo anterior, pero si á revista homónima) e Dieste, un prosista que se relaciona co movemento posterior ás Irmandades, as Vangardas.
Como a presentación está aínda sen acabar de perfilar, centrádevos só naqueles autores que temos analizado durante as clases.

VELAQUÍ A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA: NORIEGA VARELA e CABANILLAS

Comezamos xa a nosa andaina na literatura do s. XX, con Noriega, o poeta que gaba os aspectos máis humildes da natureza e Cabanillas que, mentres residía na nosa localidade, compuxo fermosísimos versos. Del só salientaremos, dentro da súa obra narrativa, Na noite estrelecida, e do teatro, O Mariscal, xa que ambas son o exemplo senlleiro de como a inspiración se pode poñer ao servizo da defensa da lingua que as Irmandades sempre propugnaron.

COMEZAMOS COA LITERATURA

ASENTAMOS O QUE XA COÑECEMOS

Sempre somos debedores do pasado, ben para negalo, ben para reafirmalo. A literatura do s. XX non se entende se non temos presente o que aconteceu noutras etapas.
Nesta pequena presentación, ademais dos aspectos lingüísticos, gustaríame facer fincapé na figura de E. Pondal, un poeta para vós difícil, pero que realizou un esforzo inmenso por compoñer unha literatura escrita nunha lingua culta; esta arela vai estar moi presente nos primeiros poetas que imos abordar -Cabanillas, Noriega...-, pero que tamén noutros autores da literatura moderna.