lunes, 25 de marzo de 2019

CHÍOS E RECHÍOS

Inspirándovos na narración "A Marquesiña", de Castelao, creastes os vosos propios microrrelatos.
Velaquí as vosas creacións:

domingo, 10 de marzo de 2019

OS PRONOMES PERSOAIS

Neste curso, imos repasar os pronomes persoais. Comezaremos por esta pequena presentación onde se plasma a información teórica básica sobre esta categoría gramatical:


lunes, 25 de febrero de 2019

AS VANGARDAS

Dende a volta de vacacións de Nadal, realizamos unha lectura dramatizada de Os vellos non deben de namorarse; inspirándonos en "A marquesiña"  creastes uns microrrelatos que publicamos na rede social Twitter.
Agora veñen as Vangardas, marcadas pola innovación e a ruptura nos tempos tan convulsos nos que xurdiron:

E AGORA, AS DE CUARTO DE AGRUPAMENTO

Estas son un número menor, 
pero con igual de calidade ca as anteriores.


AS VOSAS CREACIÓNS

Por fin podo subir un traballo voso a este blogue, o cal era unha das miñas principais intencións cando o creei.
Neste caso, trátase dos anuncios publicitarios que vós realizastes e que dos que debedes estar moi orgullosos.

VELAQUÍ AS DE CUARTO DE ESO B:


jueves, 17 de enero de 2019

A PUBLICIDADE

Velaquí a presentación na que se aborda o estudo da publicicidade e do emprego dos recursos retóricos neste tipo de comunicacións.
Deberedes consultalo para poder realizar a tarefa que vos encomendei: deseñar un anuncio dun balneario dese lugar que o escritor Álvaro Cunqueiro definía como o país dos dez mil ríos.


sábado, 12 de enero de 2019

O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Durante as vacacións de Nadal lestes a peza teatral Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.  Aquí tendes unha pequena presentación do teatro da época; nela atoparedes algunhas notas que vos axudarán a entender un chisco mellor a obra do autor rianxeiro.