Neste blog pretendo incluír non só as presentacións que emprego nas miñas clases, senón tamén as achegas dos meus alumnos
viernes, 14 de junio de 2019
UXÍO NOVONEYRA
Velaquí a presentación do equipo de Alba, Luís, Nerea e Úrsula na que abordan a obra do gran poeta do Courel, Uxío Novoneyra.
CELSO EMILIO FERREIRO
Esta é a presentación que realizaron o equipo de Marcos, Paula, Samuel e Sofía; nela abordan a figura de Celso Emilio Ferreiro e a súa produción poética.
sábado, 1 de junio de 2019
A NOVA NARRATIVA GALEGA E CARLOS CASARES
Velaquí a presentación que realizaron Estela,José Manuel e Marta sobre o insigne escritor Carlos Casares. Nesta presentación tamén abordan as características da Nova Narrativa Galega.
jueves, 30 de mayo de 2019
NEIRA VILAS
Velaquí o traballo que realizaron Ana Livia, Andrés Campos e Luís Martínez sobre a figura de Neira Vilas, unha boa achega para coñecer a obra narrativa do autor de Vila de Cruces:
lunes, 27 de mayo de 2019
ÁLVARO CUNQUEIRO
Esta é a presentación que realizaron Carmela Bulacio, Li Sío, Lucía Touzón e Miguel Diaz; nela abordan a figura de Á. Cunqueiro.
EDUARDO BLANCO AMOR
Esta presentación foi realizada, basicamente, por Tfarah Saleck, aínda que no seu equipo tamén se encontran Andrés Giráldez e Eduardo Domínguez. Eles forneceron de datos o documento base, pero apenas participaron nesta parte da tarefa.
ÁNXEL FOLE
Esta entrada está reservada para a presentación que realizaron Alberto Caland, Daniela Cano, Lorena Portela e Lucas Represas. Trata sobre Ánxel Fole.
EDUARDO BLANCO AMOR
Esta presentación foi realizada por Atenea e Raquel, de Cuarto de Agrupamento. Céntrase na figura de Eduardo Blanco Amor.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Esta presentación foi realizada por Manuela e Martina, de 4º de Agrupamento e centráronse na figura de Álvaro Cunqueiro.
viernes, 10 de mayo de 2019
COMEZAMOS AS PRESENTACIÓNS: ÁNXEL FOLE
Miguel e Valeria veñen de realizar unha presentación en PowerPoint para abordar a figura de Ánxel Fole; na explicación que levaron a cabo diante da clase, engadiron o apartado da Relevancia, que tamén completamos na clase.
Confío que vos sexa moi útil!
Confío que vos sexa moi útil!
lunes, 1 de abril de 2019
A LINGUA GALEGA NA POSGUERRA
A través do estudo deste póster, abordaremos a análise dos usos lingüísticos e literarios do galego no período da posguerra.
Comezaremos indagando que vos suxiren as epígrafes que nel aparecen e tamén as súas fotografías. Despois, comprobaremos canto hai de certo nas vosas impresións iniciais.
Comezaremos indagando que vos suxiren as epígrafes que nel aparecen e tamén as súas fotografías. Despois, comprobaremos canto hai de certo nas vosas impresións iniciais.
lunes, 25 de marzo de 2019
CHÍOS E RECHÍOS
Inspirándovos na narración "A Marquesiña", de Castelao, creastes os vosos propios microrrelatos.
Velaquí as vosas creacións:
Velaquí as vosas creacións:
domingo, 10 de marzo de 2019
OS PRONOMES PERSOAIS
Neste curso, imos repasar os pronomes persoais. Comezaremos por esta pequena presentación onde se plasma a información teórica básica sobre esta categoría gramatical:
lunes, 25 de febrero de 2019
AS VANGARDAS
Dende a volta de vacacións de Nadal, realizamos unha lectura dramatizada de Os vellos non deben de namorarse; inspirándonos en "A marquesiña" creastes uns microrrelatos que publicamos na rede social Twitter.
Agora veñen as Vangardas, marcadas pola innovación e a ruptura nos tempos tan convulsos nos que xurdiron:
Agora veñen as Vangardas, marcadas pola innovación e a ruptura nos tempos tan convulsos nos que xurdiron:
E AGORA, AS DE CUARTO DE AGRUPAMENTO
Estas son un número menor,
pero con igual de calidade ca as anteriores.
AS VOSAS CREACIÓNS
jueves, 17 de enero de 2019
A PUBLICIDADE
Velaquí a presentación na que se aborda o estudo da publicicidade e do emprego dos recursos retóricos neste tipo de comunicacións.
Deberedes consultalo para poder realizar a tarefa que vos encomendei: deseñar un anuncio dun balneario dese lugar que o escritor Álvaro Cunqueiro definía como o país dos dez mil ríos.
Deberedes consultalo para poder realizar a tarefa que vos encomendei: deseñar un anuncio dun balneario dese lugar que o escritor Álvaro Cunqueiro definía como o país dos dez mil ríos.
sábado, 12 de enero de 2019
O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Durante as vacacións de Nadal lestes a peza teatral Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Aquí tendes unha pequena presentación do teatro da época; nela atoparedes algunhas notas que vos axudarán a entender un chisco mellor a obra do autor rianxeiro.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)